Frío, vento e choiva, tamén de goles.

Partido disputado no campo de Quins debido ao estado de terreo de xogo do Souto.

Esperábase un partido máis igualado logo do sucedido na primeira volta onde o pasamos moi mal,aínda que gañamos.

O equipo comezou o partido xa no primeiro adestramento da semana, con tensión e concentración o que fixo que os nosos saísen ao embarrado terreo de xogo con moita forza e así chegaron os 4 goles do primeiro tempo, calidade nas combinacións, velocidade e loita, sen dar ningunha opción ao Santa Teresita que baixou os brazos definitivamente co primeiro gol do segundo tempo e quinto do partido.

Logo saíron Héctor, Sergio, Kevin e Carlos que puxeron moitas ganas e acerto. A semana que vén descansamos e prepararémonos para a segunda parte da segunda volta que será moi complicada.

Xogaron polo Ribeiro: Diego (Brais); Borja (Héctor), David , Chechu e Arturo; José, Chispas(Carlos), Rojo (Sergio), Gabri, Izan (Kevin) e Antón.

Goles: Gabri (3), Antón, Izan(2) e David Os goles podes velos aquí

Os nosos