Partido malo, moi malo o disputado polo noso equipo en Allariz que nos custou unha dura e inesperada derrota no momento máis importante da tempada.

Saímos o campo sen intensidade e sen motivación algunha. Aínda así tivemos tres ocasións claras para pornos por diante no marcador pero non era o día e non acertamos. Eles en cambio na única acción ofensiva que tiveron fixeron o 1-0. Falta ben lanzada dende a frontal da area, boa parada de Borja, pero no rexeite fan o gol ante a pasividade total do noso equipo. Con ese marcador chegaríase o descanso.

Na segunda parte seguiu a mesma tónica, dominabamos, mais que nada porque eles metéronse atrás e non querían o balón. Nos con máis corazón que cabeza tratabamos de crear perigo. Tivemos outras tres ou catro ocasións e nunha delas Fran de tiro cruzado facía o empate a un. Quedaban 20 minutos para o remate e intentamos acadar a vitoria, pero como xa dixen non era o día, e na segunda aproximación en todo o partido fixeron o segundo gol nunha indecisión da nosa defensa a tres minutos do final. Non houbo tempo para máis.

Aínda que por ocasións e posesión o Allariz non  merecese gañar o partido, si o fixo por intensidade,  por motivación,  por actitude  e por gañas de ganar.

Como xa comentamos outras veces non logramos nin xogar ben nin acadar resultados fora da casa. Pero este foi sen dúbida o pero partido da tempada.

Na vindeira xornada enfrontámonos o Arenteiro, un rival moi forte. Esta vez xogamos na casa, onde a nosa faciana cambia moito. Esperemos que así sexa, fagamos un bo partido e academos un bo resultado.