Partido disputado en San Cristobal entre dous rivales directos na loita pola fase de ascenso.

Victoria para os nosos nun encontro moi igualado.

Na primeira parte o dominio correspondeu o cadro visitante gozando nos primeiros vinte minutos de algunha ocasión para porse por diante, non acertaron a materializar ningunha delas e fomos nos quen chegamos o descanso cunha vantaxe de 2-0 acertando en dous dos poucos acercamentos que tivemos. Os goles foron obra de Alex o primeiro finalizando unha xogada de Aarón e Alejandro, e o segundo de Guille rematando un pase de Alex.

O segundo periodo foi moito máis igualado.

O Antela acortou distancias no minuto 20 nun man a man, pero pouco despois Alex de novo nunha boa xogada personal poñía o definitivo 3 - 1.

De ahí ata o final poucas ocasións para ambas partes.

Victoria importantísima xa que deixamos o Antela a dous puntos e o que e máis importante aumentamos ou mantivemos a diferencia cos demais equipos que teñen o mesmo obxetivo ca nos.

Na vindeira xornada tócanos descansar. Xa na seguinte visitaremos o Allariz.