Partido que sin ser de moita calidade si foi xogado con moita intensidade e só se dicidiu por pequenos detalles. Dos cinco goles fixemos catro dous en propia meta. Na primeira metade saimos moi ben e xogouse gran parte do tempo en campo local, eles apenas chegaron en tres ocacións por banda esquerda, e nunha delas con centro a area, era Marcos quen facia o 1-0 en propia meta.
O partido continuou polos mesmos derroteiros, eles intentaban ter o control do xogo, nos roubabamos en medio campo e saíamos rápido a contra. Nun destes roubos recollia Fran e enviaba un pase en profundidade para Aarón que por encima batía o meta local e facía o 1-1 un minuto antes do descanso.
Na segunda parte todo continuaba igual, e noutra entrada por banda esquerda con centro a area, esta vez era Totti quen introducia o balon en propia meta facendo o 2-1. Pouco despois e mediado o segundo periodo chegaba o empate por medio de Gille que tras errar no man a man quedaballe o rechace e empurraba a rede.
Este resultado facía xusticia o visto no terreo de xogo, pero a pouco do final nunha rapida incursión de novo por banda esquerda faían o definitivo 3-2.
Seguimolo intentando no pouco tempo que quedaba pero xa non puido ser.
Decir que este foi sen dúbida o noso mellor partido a domicilio, seguindo nesta línea seguro que acadaremos resultados positivos fora da casa.
O próximo partido e na nosa casa ante un rival que xa podemos considerar como directo porque nos avantaxa nun só punto, polo que seguro que vai a ser un partido moi interesante |