Partido xogado no Xestal de terra entre o Ribeiro e o Barbadás B acabando este cun resultaldo abultado a prol do noso equipo.

O patido comenzou ben para os nosos xa que os 8 minutos xa gañabamos 2-0 con goles de Lorenzo e Alejandro. Cinco minutos despois chegou o gol do Barbadas que recurtaba distancias.

De ahí ata o minuto 35 chegaron os peores momentos do partido xa que ningun equipo se facia co control do xogo e eras escasas as aproximacións cara unha e outra portería. Pero nos ultimos minutos do primerio periodo quedaría practicamente sentenciado o choque xa que chegarían tres novos goles por medio de Lorenzo, Gille e Alex poñendo no marcador ó descanso un xa contundente 5-1.

Na segunda metada xogada xa con moita menos intensidade chegarían sete goles máis a prol dos nosos; anotaría o terceiro na sua conta Lorenzo, outro de Alex, tres máis de Guille e dóus de Aarón para fecer o definitivo 12-1.

Destacar no Barbadás que pese a unha derrota tan abultada nunca tiveron un mal xesto nin deron ningunha patada, tamén decir que en todo momento tratarón de facer un xogo bonito e combinativo e que en algunha fase o lograron.

Na seguinte xornada visitamos o campo do Pabellón B, non fai falla decir que vai ser un partido moi complicado, pero esperamos dunha vez mellorar o noso rendemento fora da casa e acadar algo positivo.