Celanova 3-2 Ribeiro

Partido xogado en Celanova baixo un intenso frio con dous tempos ben distintos.

Primeiro periodo para o Celanova que saiu moito mellor ca nos o campo, con máis intensidade e máis chegada. Decir que as poucas ocasións que houbo antes do descanso foron para o cadro local. Así en dous minutos poñianse con 2-0 de vantaxa. Primeiro nun claro fora de xogo e un minuto despois nun disparo dende a frontal do area que se colaba pola escadra.

No segundo tempo cambiaron as cousas, agora as ocasións e o dominio era para o Ribeiro.

Este dominio deu os seus froitos xa que primeiro Guille logo dun roubo de Fran, e logo Aarón nun rebote facian a igualada. As ocasión seguianse sucedendo para o noso equipo e cando parecia estar cerca o 2-3, nunha desafortunada xogada quedabase so o seu dianteiro diante de Borja e marcaba nun bonito remate o 3-2 que a postre sería definitivo.

Seguramente o máis xusto fose un empate, pero non se pode regalar un tempo como fixemos se se queren gañar partidos fora da casa. Esta segue a ser a asignatura pendente deste equipo que na casa resposta moi ben pero fora non logramos acadar bos resultados.

Na próxima semana visitanos o Barbadás B e trataremos de faer un bo partido para sacar o tres puntos en xogo e seguir ben colocados na clasificiación.