Boa victoria no partido máis intenso da tempada. Ribeiro 3-2 Verín

Partido moi intenso o disputado en San Cristovo este domingo entre Ribeiro e Verín sobre un campo conxelado.

Primeiro tempo igualado e con alternativas sen un dominador claro.

Primeira ocasión, primeiro gol para o Verín; 0-1, a partir de ai nos tivemos varias ocasións por medio de Aarón, Alex, Guille e Fran; Guille materializou dúas delas e deulle a volta o marcador para chegar o descanso con ventaxa de 2-1.

No segundo periodo foi o Verín que saiu mellor e logo conqueriu o empate.

Xa co 2-2 era o equipo visitante o que seguia contando con ocasións claras para porse por diante, pero nunha contra Guille de novo a pase de Alejandro facia o definitivo 3-2.

Ata o final ocasións para ambos equipos pero o marcador xa nos voltaría a trocar.

Resaltar o traballo feito polos 16 rapaces do Ribeiro que fixeron un esforzo enorme para derrotar a o rival sen dúbida máis forte físicamente da categoría.

No seguinte partido visitamos a o Celanova onde tentaremos cambiar a dinamica da primeira volta fora da casa, realizar un bo encontro e aumentar a cinco as semanas sen perder.