Partido moi importante o xogado por o Ribeiro e o Arenteiro, sobre todo para os segundos, xa que se xogaban boa parte das súas opcións de ascenso; agora teranllas que xogar a un partido contra o Celanova. Partido xogado nun campo en moi malas condicións pola xeada caída pola a noite, o que dificultou o xogo dos dous equipos.


Saíu moi forte o Arenteiro pero nunha xogada de contra-ataque adiantouse o Ribeiro por medio de Dani. Non se amedrentou o equipo local, pero noutra contra Dani repetiu con outro gol que puña moi de face o partido.
Parecía que nos iamos ao descanso co 0-2 cando en dúas xogadas cheas de rebotes o Arenteiro empatou.
Na segunda parte os dous equipos saíron a dalo todo e as forzas parecían esta moi igualadas. Novamente Dani luciu a súa velocidade e puxo o 2-3 ao que o Arenteiro contestou con outro gol. Seguía sendo un partido de poder a poder aínda que as forzas empezaban a debilitarse.
Á saída dun córner os locais puxéronse por primeira vez por diante, no entanto os nosos sacaron forzas de fraqueza e empataron cando faltan 10 minutos para acabar; Abel foi o autor do gol. Durante este tempo calquera equipo púidose alzar cos tres puntos, pero o marcador xa non se moveu máis ata o final.
Con este resultado de empate os nosos conseguen de forma matemática o ascenso á 1ª Autonómica . ¡Noraboa! ¡E a seguir traballando para terminar primeiros da liga!

Xogaron polo Ribeiro: Kike (Brais); Dani A., Pablo, Arturo, Jonathan; José (Abel) , Juanma, Iago (Claudio), Dani, Antón (Xian) e Alejandro (Izan).

Goles: Dani (3), Abel.