Victoria xusta pero demasiado sufrida polo visto no campo. Ribeiro 5 - 3 Ourense
No primeiro tempo o noso equipo saiu moi ben polo cal os 25 minutos xa gañabamos 2-0 con sendos golazos, o primeiro de Aaron, e logo Guille de falta.
Antes de chegar o descanso puido quedar o partido sentenciado pero non acertamos a meter ningunha das ocasións que tivemos co que chegariamos co 2-0 xa reseñado.
No segundo periodo o Ourense incorporou a un dianteiro máis e tomou máis riscos, saiulle ben xa que en vinte minutos voltearon o marcador en tres xogadas identicas, balón longo que sorprende a nosa defensa e no man a man resolveron as tres ocasións.
Todo traballo feito ata entonces viñase abaixo, pero cun novo arreón do noso equipo chegarían máis ocasións e con elas tres novos goles que volverían voltear o marcador e deixar o definitivo 5-3.
O empate a tres obra de Aarón a saída de un corner, e os dous seguintes obra de Fran, o cuarto tras un rechace do porteiro a unha falta botada por Marcos, e o quinto cunha fermosa volea dende fora da area.
Pasarón moitas cousas neste frenetico partido pero creo que a victoria foi xusta por xogo e ocasións ante un bo rival, mellor do que a clasificación di.
A próxima seman visitanos xa comenzando a segunda volta o Verín, equipo en teoria superior e que aspira a outras cousas, pero na nosa casa somos moi fortes e seguro que lle poremos as cousas moi dificiles.
En canto os nosos obxetivos, o primeiro xa está mais ou menos conquerido que era a permanencia, agora trataremos de pornos algunha meta un pouquino máis alta, para elo seguir traballando e paso a paso xa veremos onde somos capaces de chegar.
 |
 |
| C.D. Ourense |
Ribeiro C.F. |
|