INIMAXINABLE

Ao principio de tempada poucos podiamos imaxinar que un 18 de xuño de 2010 o Ribeiro puidese estar xogando a final de Copa Deputación. Pero non só a xogou senón que a gañou.

Un plantel configurado cunha gran maioría de xogadores de primeiro ano conseguiu revalidar o título gañado o ano pasado. Todo un logro da Escola de fútbol que ten que traballar nunhas condicións moi desfavorables e que grazas ao traballo de persoas como Oscar e Pernas fan posible facer fronte a outros equipos con outras instalacións, orzamentos e canteiras.

O partido presentábase moi difícil. O rival, o Verín, moi superior fisicamente xa dera conta do noso equipo a principios de tempada e aínda que lles gañamos no noso campo, onde alcanzabamos o nivel máximo, a empresa facíase moi complicada.

E o partido comezou como se prevía, ataque continuo do Verín e a nosa defensa achicando balóns como podía. Tampouco é que fixesen moita ocasións de gol pero o perigo cerníase sobre a nosa portería.

E como non pode ser doutro xeito no minuto 22 o Verín consegue adiantarse no marcador no lanzamento dunha falta desde o lateral dereito da nosa defensa que se coa pola escuadra esquerda sorprendendo ao noso gran porteiro Borja.

Os nosos non se descompuxeron e segundo ía pasando o tempo o rival baixaba a presión e recuperabamos máis balóns.

A falta de 8 minutos para o descanso Aaron recolle un pase desde a banda para empalmar o balón e aloxalo nas redes do porteiro rival.

Un gran gol que fixo que os nosos crecésense e comezasen a crerllo, eles e todos os seguidores que non paraban de animar.

Tras o descanso o Verín volve coller as rendas do partido, máis mediante forza individual que acciones combinativas, o que facilitaba a acción defensiva dun equipo que se lles vía moi ben traballado tacticamente, mellorando moito a posición dos xogadores nun campo que pola súa superficie e dimensións non estaban afeitos.

O desgaste dos dous equipos comezábase a notar e as ocasións de gol contadas. Á saída dunha falta estivemos a piques de adiantarnos pero o remate saíu rozando o poste esquerdo da portería do Verín. Pouco despois chega o gol da vitoria conseguido por Aaron novamente ao aproveitar un rexeite da defensa rival e rematar dun disparo forte desde a área pequena. A alegría desbordábase e os nervios tamén. De aí ata o final o Verín que o intentaba e os nosos que se defendían moi ben sen pasar excesivos apuros.
Logo de varios minutos de prolongación o árbitro deu por finalizado o partido,comezando as celebracións que se trasladaron do terreo de xogo ao vestiario. Despois do autobús á Alameda onde se meteron na fonte, algo que comeza a ser un bo costume, e terminando nunha cea.

Felicitamos ao Verín pola gran tempada realizada e a gran deportividade demostrada en todo momento. Parabens.

Por suposto aos nosos rapaces darlles o noso parabén por toda unha tempada chea de traballo e éxitos. O ano que ven seguro que intentarán repetilo.

Os campións dirixidos por Oscar e Pernas son: Borja, Kevin, Julio, Adrián, Gabi, Carlos, Chispas, Alex, Fran, Guille, Aaron, Luis, Jose, Maikel, Sergio, Alejandro, Fabio, Lorenzo e Rojo

Os nosos

 

O Verín
Capitáns e trio arbitral
Os siadeiron fixeron moito ruido animando a osseus xogadores. Tambén animaron os xogadores doutras categorias da Escola

Delicia final

Ameazan con volver o ano que ven
O capitán recolle a Copa Deputación 2010 Gran traballo de Pernas e Óscar, non só pola Copa