![]() |
![]() |
|
Reunión da Plataforma có BNG Hoxe mantivemos unha reunión cunha delegación do BNG composta por Xosé Manuel Fírvida, portavoz do BNG na Deputación de Ourense, Antón Gómez, ex delegado en Ourense para o deporte na Xunta na anterior lexislatura e Anxo Collarte, Concelleiro de deportes do BNG en Ribadavia. Nesta xuntanza a Plataforma Cidadá expuso a n ecesidade da Comarca de ter unhas instalacións adecuadas para a práctica do fútbol. Os representantes do BNG mostraron o seu apoio a nosa xusta reivindicación e puxéronse á nosa disposición para calquera axuda que necesitemos, o cal agradecémosllo. Tambén explicaron o proxecto presentado na Xunta e a situación na que se atopaba. Ademais informáronnos dos orzamentos da Deputación de Ourense para o 2010. Esta é a primeira das reunións previstas que manterá a Plataforma cos diferentes grupos políticos presentes no Concello de Ribadavia e que servirán para presentar o noso obxectivo e buscar os apoios necesarios para conseguilo
|
|||||||||||||||