![]() |
![]() |
|
Constituida a Plataforma Cidadá Onte tivo lugar o acto de constitución da Plataforma Cidadá "Campo de herba artificial xa" no Centro Comarcal de Ribadavia. O obxetivo da plataforma é denunciar e esixir a falta de instalacións dignas para as nenas e nenos da Comarca do Ribeiro. Os asistentes que enchían o salón de actos fan un chamamento a todas as institucións públicas para que dean unha solución definitiva que de resposta á nosa xusta reivindicación. A directiva estará formada entre outros por Fernando Fernández, presidente, Sagrario Rodríguez, portavoz, e Sindo Rodríguez, tesoureiro. O primeiro acto da plataforma terá lugar o próximo 5 de xaneiro durante a Cabalgata dos Reis Meigos.
|
||||||||||||||