![]() |
![]() |
|
O Presidente da Delegación de Ourense da F.G.F no Xestal Hoxe recibimos a visita de Jose Luís Cachaldora, Presidente da Delegación en Ourense da Federación Galega de Fútbol invitados pola Plataforma Campo de herba artificial XA para que comprobase in situ a situación dos campos de fútbol de Ribadavia no Xestal. Jose Luís Cachaldora quedou negativamente sorprendido polo lamentable estado do terreo de xogo e consideralo un perigo para a integridade física de calquera xogador que realice unha actividade deportiva. A choiva das últimas semanas arrastrou parte da area que cubría o campo e descubriu unha chea de pedras que representan un gran perigo polo seu tamaño e forma. A Delegación en Ourense da F.G.F. enviará un escrito ao Concello de Ribadavia, propietario da instalación deportiva, para que emende o máis rapidamente posible todas as incidencias para que poidan continuar desenvolvéndose as diferentes competicións de fútbol. Así mesmo presentounos o seu apoio e o de toda a Federación na construción dun campo de fútbol de herba artificial que de resposta a unha necesidade que ten a Escola de Fútbol do Ribeiro para continuar o seu labor de formación. |
||||||||||||||