![]() |
![]() |
|
Os partidos dos nosos equipos a exame. Nova xornada con dous equipos que descansan: benxamín B e infantil. En 2ª Rexional boa oportunidade para sumar tres puntos ante o Cartelle, equipo pechacancelas da categoría Os xuvenís teñen unha dura visita en Eiroas ante o Santa Teresita, equipo moi forte sobre todo na súa casa. Os nosos contan con moitas baixas parta este partido aínda que intentarán dar a sorpresa. Os cadetes teñen unha nova final na súa casa. O rival é o Chantada, segundo clasificado e con o pasaporte para a promoción de ascenso á liga galega. Os nosos levan uns partidos moi centrados e loitarán por conseguir os tres puntos que asegúrenlle a quinta posición. Os alevíns visitan os Carrís buscando tres puntos que lles achegue á cuarta posición. Non vai ser fácil pero os nosos intentarano como sempre con bo fútbol Os Benxamíns A viaxan a Ourense para xogar a Oira ante o Ponte, equipo que loita polos postos de arriba. Os nosos non levan unha boa temporada e pechan a clasificación. Moitos de nosos xogadores son de primeiro ano e iso nótase moito Os de Iniciación xogan no pavillón de Ribadavia ante o Ourense intentando reencontrárse coa vitoria e o bo fútbol
|
||||||||||||||