Os partidos dos nosos equipos a exame.

Nova xornada e segue a chuvia e o frío

En 2ª Rexional difícil saída dos nosos a Crespos. O equipo local é moi forte no séu campo e leva varios partidos gañando e convencendo. Os nosos son impredicibles e non sabemos que equipo atoparémonos o domingo.

Os xuvenís xogan un partido de rivalidade ante o Ribadavia. O encontro debe servir para sumar tres novos puntos na clasificación.

Os cadetes reciben a visita do Polígono, equipo que suma os mesmos puntos que os nosos, polo que o partido pode considerarse de vital para saber quen opta á quinta praza na clasificación final. Os nosos están xogando ben e só esperan que a sorte sorríalles un pouco e poidan sumar unha nova vitoriadomingo a visita do Verín.

Os infantís xogan en casa ante o Antela, un rival directo na loita por un posto para a fase de ascenso a Liga Galega. Os nosos fan o séu mellor fútbol como locais e mostran un balance entre gañados e perdidos moi favorables. O Antela e un conxunto que xoxa un bo fútbol non exento de forza.

Os alevíns visitan Verín e intentarán traer os tres puntos en xogo ante un equipo inferior ó noso. Os nosos esperan sumalos e achegarse ó cuarto posto clasificatorio

Os benxamíns buscarán unha vitoria aínda que este ano parece que as cousas non están saíndo nada ben. O importante é que aprendan e divírtanse e eses nosos nenos dos equipos benxamíns estano conseguindoe.

Os de Iniciación xogan no pavillón de Ribadavia ante o Pabellón Promesas notra festa máis dos máis pequenos