![]() |
![]() |
|
Os partidos dos nosos equipos a exame. Nova xornada e segue a chuvia e o frío En 2ª Rexional partido de rivalidade municipal entre o Francelos e o Ribeiro. Os nosos, con apuros, están subindo posicións mentres o Francelos segue na segunda posto da clasificación. O partido e moito máis importante para os locais, pero nestes encontros de rivalidade o que se busca é gañar ó rival. Os xuvenís non están finos. no último partido perderon claramente e quedan sen aspiraciós nesta liga. Mañá visítanos o Rua, equipo que loita por un dos postos de ascenso. Os nosos melloran en casa e poden dar a sorpresa. Os cadetes reciben o domingo a visita do Verín. Será un partido moi difícil porque os dous equipos xóganse tres puntos que poden definir os postos finais na clasificación. No partido de ida os dos conxuntos empataron a 3 goles. Os infantís xogan en casa pero a chuvia caída nas últimas semanas fan que o encontro dispútese no Xestal de terra o que complica máis se cabe o desenlace. Os nosos necesitan os tres puntos para seguir na zoa alta da clasificación, o Barbadás para saír do descenso. Os alevíns visitan o Ourense, equipo que xunto ós nosos, loitan pola cuarta posición que da dereito a xogar o campionato galego. O equipo de Andrés intentará traer tres puntos que deanlle máis posibilidades. Os benxamíns A tambén visitan ó Ourense. A deferenza do partido dos alevíns, os nosos teñen a misión de mellorar nunha tempada con moitas deficultades Os Benxamíns B enfréntanse ó líder imbatido da categoría, o Ponte. Pouco que dicir, só que sirva para aprender e divertirse. Os de Iniciación xogan no pavillón de Ribadavia ante o santa María nun novo partido para aprender xogando.
|
||||||||||||||