![]() |
![]() |
|
Os partidos dos nosos equipos a exame. Volve o Fútbol despois das Festas do Nadal. En 2ª Rexional xogamos ante o Velle, equipo situado a só dous puntos por debaixo de nos polo que será un partido moi importante. Os nosos despois dun periodo moi malo de xogo e resultados tivo na Copa Deputación moi boa de coller moral para volver á Liga con forzas para subir postos na clasificación. Os xuvenís intentarán traer os tres puntos da súa visita a Oira ante o Ponte B. Os cadetes xogan ante o Ourense B nun partido clave para os nosos. Na ida perdemos por 3-2 despois dun partido no que puidemos trae algún punto. Como en todo-los partidos a incognita está en saber o estado dos xogadores logo da festas. Os infantís xogan fora, en Celanova, materia pendente dun equipo que está a facer unha gran tempada. Có novo obxetivo de intentar entrar na promoción, os tres puntos fanse moi importantes. Os alevíns reciben ao Calasancio, un equipo instalado nos postos de arriba con moitas opcións de xogar o Campionato galego. Os nosos teñen, polo tanto, a posibilidade de achegarse aos postos de cabeza. Os benxamíns A xogan ante o Verín no Xestal nun dolo de pechacancelas. Os Benxamíns B xogan en Santa Cruz de Arrabaldo nun partido onde os nosos poderán gozar no novo campo de herba artificial.
|
||||||||||||||