Os partidos dos nosos equipos a exame.

Nova xornada coa chuvia de protagonista e na que o Fútbol 7 descansa pola ponte da Constitución.

En 2ª Rexional non levantamos cabeza. Catro xornadas sen puntuar fainos pasar de loitar polas prazas de ascenso ás de descenso. Neste partido co Barbantes (5º clasificado) necesitamos cambiar a tendencia e sacar algo positivo antes de que nos metamos definitivamente no pozo.

Os xuvenís, despois da gran vitoria ante o líder da categoría, volven a xogar na casa ante un equipo, o Cortegada, que terminada a primeira volta aínda ten opcións de ascender. O noso equipo demostrou que pode e o domingo debe seguir intentándoo.

Os cadetes volven a xogar na casa, ainda que nesta ocasión o fará no campo de terra debido ao pésimo estado do campo de herba. O rival é o Pabellón C, un equipo necesitado como nos de puntos polo que poránolo moi difícil.

Os infantís consegueron unha vitoria ampla ante o Ponte na xornada anterior o que unha vez cumprido o obxetivo de manterse na categoría debería mirar hacia arriba, a fase de ascenso. O domingo visitan os Remedios para xogar ante o Pabellón Promesas, un equipo có mesmo obxetivo. Unha vitoria daríanos a oportunidade de soñar.