![]() |
![]() |
|
Pablo Pérez gañador do XIII Trofeo Miguel Angel Pablo Pérez, porteiro nestes intres de CD Ourense despois de rematar a competición co Pabellón da División de Honra Xuvenil nun club no que estivo sete anos dende a súa chegada do Ribadavia Atlético, foi a gañador do XIII Trofeo Miguel Ángel. Pablo, nado en Ribadavia, irmán de Berto, meta de CD Ourense e que tamén no seu día gañou este premio defendendo os cores do Pabellón na Liga Nacional Xuvenil, ven alternando entre o conxunto da Liga Nacional e o de Rexional Preferente dende a súa chegada ao club bermello despois de realizar unha excelente campaña co Pabellón da Liga de Honra. Dende a paxina web queremos aproveitar para felicitar a Pablo por este éxito que estamos seguros que non será o último e acordarse dunha persoa que ten moito que ver no éxito dos seus netos, como é Marcial que fixo moitos quilometros para que eles poideran xogar no Pabellón. |
||||||||||||||