![]() |
![]() |
|
O fútbol provincial de luto Dous mozos do Barco mortos, Iván Sierra Neira e Saúl Calleja Benéitez, de 16 e 18 anos, respectivamente, e outros dous feridos leves é o saldo do accidente de tráfico ocorrido no quilómetro 396 da estrada N-VI, á altura do concello berciano de Carracedelo. O turismo Renault Lagoa no que viaxaban saíuse da calzada tras atropelar un can que se cruzou no seu camiño. O vehículo chocou contra un noiro e envorcou sobre a estrada, segundo apuntaron fontes da Garda Civil de León. Ivan Sierra pertencía ao equipo Xuvenil do Centro de Deportes Barco, cumpría a súa cuarta tempada no Club sendo Campión de Liga Cadete a tempada pasada. Saúl Calleja tamén pertencera en tempadas pasadas ao Centro de Deportes Barco militando no Infantil e no Cadete. O Ribeiro F.C. quere mostrar o seu máis sentido pésame ás familias e a todo o Centro de Deportes Barco nestes momentos tan tristes. |
||||||||||||||