Mañá Cerimonia de entrega do Trofeo Miguel Ángel

 

A Comisión Organizadora da Décimo terceira edición do Trofeo Miguel Angel quere pór no seu coñecemento a celebración da Cerimonia de Entrega do Trofeo Miguel Angel que terá lugar mañá venres 22 DE MAIO DE 2009 A Las 20.00 HORAS NO CENTRO CULTURAL DA DEPUTACIÓN DE OURENSE (c/Progreso, 30).

Será alí cando se dea a coñecer tanto ao gañador do Trofeo como aos finalistas do mesmo.

A cerimonia, que será presentada polo redactor da Radio Galega Pepe Diz, seguirá o seguinte programa:

- As preguntas máis frecuentes nun porteiro. Relator: Manu Taranilla, meta do Portuense, ex gardameta de C.D. Ourense e a pasada tempada colaborador co Trofeo Miguel Angel.
- Presentación do Campus Sportivy para fútbol base (Allariz 2009). Relator: Roberto González, gardameta da Ou.D. Barbadás e Coordinador deportivo da Comisión Organizadora do Trofeo Miguel Angel.
- Entrega do Trofeo Miguel Angel polo propio Miguel Angel González Suárez, ex gardameta do Real Madrid e Presidente de Honra da Comisión Organizadora.
- Cea para participantes e organizadores nos locais de Aixiña unha vez finalizado o acto.


Sen outro particular, rogando a difusión do evento no seu espazo web, aproveitamos para enviarlle un afectuoso saúdo. Achegamos cartel anunciador do evento.

Moitas grazas.