![]() |
![]() |
|
Os cadetes e infantís conseguen un bo resultado 2ª Rexional
Ultimo partido da tempada no que vos xogabamos a quinta praza na clasificación. O partido comezaba coa merecida homenaxe aos cadetes polo seu ascenso a Primeira, agradecer ao Leiro a súa predisposición. No meramente deportivo o comezo do partido era de pouco fútbol e oportunidades do Leiro, pero os nosos adiantaríanse no marcador cun gol de Diego. O segundo tempo comezou de forma fulgurante por parte dos nosos xa que en quince minutos Diego e Viola por dúas veces puñan o 4-0 no marcador, nos últimos minutos o Leiro non se rendeu e achegouse no marcador, ao final 4-3 e mellor clasificación na historia do equipo. Xuvenil Dúas expulsións absurdas fixeron imposible traer algo positivo de Crespos, ao final 3-1. Cadete Tocábanos en Copa o subcampión de Primeira, os nosos saíron dispostos a gañar o partido, encarrilámolo pronto pero unha expulsión fixo que se complicará a eliminatoria, ao final 0-2 e a eliminatoria encarrilada aínda que non decidida. Infantil Partido ante o campión de liga, gran ambiente en San Cristóbal nunha tarde marcada polo mal tempo, os nosos nun partido moi serio vencían 4-2, nunha eliminatoria que se decidirá nos Remedios. Alevín Fin dun soño ante un equipo moi traballado, os nosos intentárono pero volvemos perder por 2-3, felicitar ao equipo alevín pola súa gran tempada. Benxamín Xogamos un Torneo en Celanova, acabando en terceiro lugar, felicitar ao Celanova pola magnífica organización e os nenos poder gozar desas instalacións. Iniciación Tamén acudimos a Celanova para disputar un Torneo acabando na sexta posición. Outra experiencia.
|
||||||||||||||