![]() |
![]() |
|
Os partidos dos nosos equipos a exame. REXIONAL Último partido da liga regular con todo decidido fai xa varias xornadas o que lle resta importancia ao encontro a pesar da rivalidade entre os dous equipos. Esperemos ver un bonito partido e unha vitoria dos nosos que nos deixe bo sabor de boca esperando xa que comece a tempada que vén. XUVENIL Partido ante o Crespos, equipo recentemente ascendido á primeira autonómica. O equipo, logo da vitoria ante o Francelos intentará conseguir os tres puntos que lle dean opcións de seguir adiante. A vitoria pasa por manter o grao de compromiso adquirido nos últimos partidos. CADETE Os nosos mozos intentarán facer historia. O rival un complicado Pabellón C, sobre todo por xogarse nos Remedios, un campo ao que non estamos afeitos e que nolo fará máis difícil. Intentaremos sacar un bo resultado para o partido de volta. O premio é moi moi interesante. INFANTÍS Chegou un deses partidos especiais. Semifinais da Copa, ante o Pabellón e no noso campo. O equipo dará todo o que ten para conseguir un bo resultado, aínda que a eliminatoria resolverase nos Remedios. O rival é o campión de liga da primeira autonómica, o Pabellón B. Loita e entrega non lles faltará. ALEVÍNS É deses partidos que esperas durante toda a tempada. O Ponte Ourense é un equipo moi forte e completo que, ademais, non se nos dá ben, pero os nosos teñen raza e non deixarán pasar a oportunidade de pasar a rolda. O resultado do partido de ida é un hándicap engadido (4-1) pero a ilusión que están pondo fai posible a remontada. BENXAMíNS Os pequenos van a terras de Celanova a un Torneo que lles servirá de preparación para o Cidade de Pontevedra. Ponte Ourense e Pabellón os rivais da primeira fase. INICIACIÓN Tamén os máis pequenos viaxan a Celanova para xogar o torneo e cos mesmos rivais. Toda unha experiencia. |
||||||||||||||