Os xuvenís déronnos por fin unha alegría

2ª Rexional

Empate nun partido disputado nun gran campo de fútbol (Espiñedo). Os nosos sen nada en xogo máis que a honra e tratar de loitar polo cuarto posto adiantáronse no marcador ante un rival que necesitaba a vitoria para salvarse matematicamente, isto fixo que o Arenteiro B apretara e empatase, pero novamente os nosos puxéronse por diante no marcador pero no tempo de desconto o Arenteiro B empataba o partido.

Xuvenil

Comezaba a copa cun sistema de liga a unha soa volta, polo tanto sen marxe de erro, o rival Francelos, partido tenso e moi disputado, pero os nosos esta vez levaron a vitoria, destacar a actuación do noso porteiro Dani que coas súas paradas fixo posible a vitoria e Héctor que marcou os dous goles.

Alevín

Partido do Campionato Galego, por primeira vez na historia do club estamos en oitavos de final, iso significa que estamos entre os "16 mellores equipos de Galicia", o rival Ponte Ourense un óso duro de roer. Os nosos saíron motivados e con ganas de traer un bo resultado para a volta, o primeiro tempo prometía xa que ao descanso perdiamos por 2-1, pero no segundo tempo o Ponte conseguiu dous goles para acabar 4-1, un resultado que complica o pase pero non o fai imposible.

Benxamín

Acabou a competición oficial para os nosos cunha clara derrota ante o Pabellón B non Xestal 2-6. Partido marcado pola tarde calorosa. Agora debemos de preparar a nosa gran cita da tempada na fase final do Cidade de Pontevedra ante uns rivais fortísimos.

Iniciación

Os pequeniños seguen coa súa adaptación ao fútbol sete de preparación ao ano que vén e disputaron un triangular en Oira contra o Ponte e o C.D.Ourense. Ademais o sábado disputaban un amigable ante o Celanova a fútbol sala con vitoria dos nosos por 4-2.