![]() |
![]() |
|
Os partidos dos nosos equipos a exame. 2ª RexionalDerrota inesperada ante un equipo da metade de táboa. Os dous equipos non se xogaban nada nunha tarde de moito calor, saíu máis centrado o Loñoa que se adiantaba no marcador antes do descanso, nada máis comezar o segundo tempo puña o 0-2 no marcador. Ao final maquillamos o resultado 1-2. Xuvenil Acabábase o calvario da liga cunha visita á Rua, por certo agradecer ao Rua o horario do partido, xa que se fose pola tarde os mozos non poderían ver o Madrid-Barcelona; partido sen historia, nova derrota para pechar unha liga para esquecer, descenso e a preparar o equipo do ano que vén. Destacar que neste partido debido a que os cadetes non xogaban, xa dispuxeron de minutos os de segundo ano. Infantil Gran partido, gran mentalización dos nosos que souberon en todo momento o que estaba en xogo e novo éxito por segundo ano consecutivo en semifinais de copa. Alevín Sen confianzas saíron os nosos en Candeán, e así o demostra o marcador, por primeira vez na historia do club superamos unha rolda do Campionato Galego e agora a enfrontarnos a un gran rival como é o Ponte Ourense. Benxamín Incrible pero certo, acudimos á fase previa do Cidade de Pontevedra e gañamos os tres partidos sen encaixar un gol en todo o Torneo, viñémonos para casa coa clasificación para a fase final do Torneo de benxamíns máis importante de Galicia a nivel nomee dos equipos. Iniciación Gran experiencia a dos mozos de Makiko en Santa Mariña, un torneo cun cartel espectacular e onde a maioría dos nosos disputaban os seus primeiros minutos en fútbol sete, gañamos un partido ao todopoderoso Val Miñor.
|
||||||||||||||