![]() |
![]() |
|
Os partidos dos nosos equipos a exame. 2ª Rexional
O Ribeiro mídese ao Loñoa en San Cristovo nun partido sen transcendencia para a clasificación. Os nosos intentarán conseguir os tres puntos para seguir escalando posicións. O noso obxectivo ser terceiros, aínda que non teña premio final. Xuvenís Último partido de liga ante o Rua nunha tempada para esquecer, chea de incidentes internos que levaron ao equipo ao fondo da clasificación, logo con Santi no banco os rapaces dérono todo pero xa era moi tarde. Tampouco tivemos sorte coas arbitraxes, así que o descenso consumouse rapidamente. A próxima tempada será outra historia. Infantís Último partido da liguiña de clasificación para as semifinais de Copa Deputación. Chegamos con opcións serias de meternos como segundos de grupo, unha vitoria daríanos o pase. O noso rival, o Santa Teresita creounos moitos problemas na Liga e o sábado intentará darnos un susto aínda que non se xoguen nada. Os nosos se logran impor o seu fútbol desde o principio deben darnos unha alegría. Alevíns O sábado xogan o partido de volta do Campionato Galego de fútbol sete. Na ida vencemos con comodidade e cun resultado que debe ser suficiente para clasificarse para a seguinte rolda, onde é moi posible que nos espere o Ponte Ourense. Benxamíns Nesta xornada ímonos de Torneo para xogar o Cidade de Pontevedra. Toda unha experiencia para os nosos mozos Iniciación Se para os benxamíns é unha bonita experiencia xogar un Torneo para os máis pequenos é unha auténtica festa. Os nosos disputarán o Torneo de Santa Mariña onde a diversión está asegurada
|
||||||||||||||