Boa xornada nos partidos importantes

2ª Rexional

Nova vitoria nun derbi, o partido presentábase complicado xa que o Arnoia ten un gran equipo. Non comezaba ben o partido xa que o rival púñase con 0-2 no marcador. Ney ao bordo do descanso puña o 1-2.
No segundo tempo o equipo saíu a por o partido e rapidamente Benito empataba o partido e pouco despois Viola de cabeza facía o 3-2. A partir deste momento sucedíanse as ocasións en ambas as porterías, sendo máis claras para o Arnoia pero unhas veces a falta de puntería e outras o acerto de Julio fixeron que o resultado quedase en 3-2.

Xuvenil

Nova derrota pero nun partido competido, o Pabellón mostrouse superior nos metros finais. Só queda unha xornada para acabar a liga, e esperamos acabar o mellor posible.

Cadete

Contundente vitoria en Velle, xogabámonos seguir adiante na copa, valíanos o empate pero o equipo non saíu a especular e consegue unha vitoria que o mete en cuartos de final de copa, esperando rivais da primeira categoría. Noraboa a Chiki, Sumi e os seus mozos pola gran tempada que están facendo.

Infantil

Gran vitoria, quizais a máis clara do ano, os nosos debían de gañar para seguir con opcións de pasar a semifinais de copa, e saíron mentalizados. Con esta vitoria dependemos de nós e gañando o sábado conseguiremos un novo éxito que é a clasificación a semifinais de copa.

Alevín

Primeiro partido do Campionato Galego, non coñeciamos o nivel do noso rival, pero os nosos nun dos mellores partidos da tempada vencían claramente ao Candeán por 7-0, resultado que nos fai afrontar a volta con optimismo. Destacar a actuación de todos os xogadores pero en especial o esforzo do noso porteiro Borja por xogar lesionado.

Benjamín

Saímos ao campo durmidos, claro dominio local e 7-0 ao descanso, partido resolto por parte local, no segundo tempo os nosos puxéronse as pilas e evitamos unha gran goleada.

Iniciación

Visitabamos Carmelitas para xogar os 1/4 de copa derrota contundente por 8-0.