Os partidos dos nosos equipos a exame.

2ª Rexional

Enésimo partido de rivalidade na segunda rexional entre dous equipos que o único que se xogan é a honra da vitoria.

Xuvenís

O sábado á mañá xogamos ante o Pabellón Promesas outro partido de trámite se non fose porque é o último partido en casa e que gañar nos endulzaría un pouco o sabor do descenso.

Cadetes

Último partido da fase previa de Copa Deputación coa necesidade de sacar un punto para clasificarnos. O rival ao que gañamos no partido de ida poránolo moi difícil, como xa o fixese no partido de liga no seu campo. Os nosos se saen concentrados non deberían ter problemas e cumprir o obxectivo.

Infantís

O sábado á mañá xogamos ante o Calasancio B o penúltimo partido da liguiña de Copa Deputación. Os nosos non dependen de se mesmos para clasificarse para as semifinais despois do tropezo da semana pasada, polo que se fai imprescindible unha vitoria para manter as opcións. O rival mellorou moito os seus números nesta competición e intentará resarcirse do seu descenso de categoría gañando o partido.

Alevíns

Sen dúbida chegou o seu momento. O equipo dirixido por Andrés ten ante si o reto de facer historia no club clasificándose para a seguinte eliminatoria do Campionato Galego. A tarefa non é nada sinxela xa que enfronte estará o Candeán,, sexto clasificado da zona de Vigo. O partido de ida xogarémolo no Xestal ás 5 da tarde.

Benxamíns.

Dobre xornada para os nosos pequenos esta semana. O primeiro xogado onte perdemos unha boa oportunidade de sumar os tres primeiros puntos. O sábado xogamos o segundo contra o Calasancio en terras de Lemos. O rival é o líder actual da liguiña habendo sumado os nove puntos posibles nos tres partidos xogados. Os nosos intentarán facer un bo partido e loitarán como sempre o fan buscando sumar algún punto.

Iniciación

O sábado desprazámonos a Ourense para xogar a eliminatoria ante o Carmelitas. A progresión dos mozos de Makiko fai posible que podamos pasar á seguinte fase. Este equipo dará moito que falar nun futuro moi inmediato.