![]() |
![]() |
|
Os partidos dos nosos equipos a exame. 2ª Rexional
Nova vitoria en casa dun equipo que se esta xogando o descenso, os nosos, sen grandes metas en xogo, están acabando a tempada en gran forma, venciamos por 1-2 con goles de Jaime e Viola. Xuvenil Derrota nun bo partido ante un rival que se esta xogando entrar na fase de ascenso, os nosos non gañan pero deixan unha boa imaxe, esperemos que de aquí a final de tempada consigamos algún punto máis. Cadete Xogaban en San Cristovo, campo ao que non están habituados, empezou o partido con bo xogo pero aos poucos o Oira asentouse no campo e ata o dous a cero non rompeu o partido, ao final 4-0 e destacar que Kike parou un penalti. Agora toca polo menos empatar en Velle para entrar na fase final da Copa contra os equipos de primeira. Infantil Empate en Carballiño ante un equipo que como nós o ano pasado clasificouse da Segunda. Os nosos empezaron mal pero lle deron a volta ao partido que se lles foi nos instantes finais cando o Arenteiro empatou o partido. Alevín Comezaba a Copa coa difícil saída a Monforte, finalmente resultado non moi común en alevíns e derrota por 1-0. Destacar que esta semana nos enfrontaremos ao Candeán na primeira fase do Campionato Galego, Sorte. Iniciación Comezaron a Copa que é a eliminatoria directa e venciamos por 5-4 ao Ponte B.
|
||||||||||||||