Os partidos dos nosos equipos a exame.

2ª Rexional
Partido sen transcendencia para o noso equipo logo de perder definitivamente o tren do ascenso ante un equipo necesitado de puntos para intentar a salvación. Os nosos intentarán a vitoria para non influír na zona de descenso e conseguir, de paso, acabar o máis arriba posible.

Xuvenís
O Barco é o noso rival desta semana que intentará gañarnos para manterse nos postos de ascenso, polo tanto dificultade máxima aínda que os nosos están demostrando na recta final do Campionato que non tiran os partidos sen xogalos.

Cadetes
O paso por esta liguiña de clasificación para Copa Deputación está sendo para os nosos cadetes vitorioso. O domingo terán enfronte ao Oira que non conseguiu puntuar aínda e que darán todo para facelo ante o líder da clasificación. O partido disputarase no Souto ao estar o campo de terra do Xestal ocupado noutras actividades, polo que dificultará aínda máis o xogo dos nosos. A pesar de todo os tres puntos deberían quedar na nosa marcadora.

Infantís
Partido decisivo o que xogarán mañá ante o Arenteiro. A vitoria aclararía moito a nosa situación clasificatoria. O cansazo podería gastarnos unha mala xogada ao ter pouco tempo para a recuperación, a condición física do equipo porase a proba.

Alevíns
Primeiro partido da liguiña de Copa Deputación ante o Calasancio en terra de Lemos. O encontro non parece fácil, sobre todo logo da nosa última visita na que perdemos, aínda que nesa ocasión teniamos varias baixas que rebaixaron o noso potencial. Seguro que o noso equipo intentará resarcirse desa derrota e traerá os tres puntos.

Benxamíns
Os nosos pequenos aprazaron o partido ante o Ponte Ourense debido a que o Xestal II utilizarase este fin de semana para outras competicións deportivas. O encontro disputarase o vindeiro xoves ás 19 horas.