Os partidos dos nosos equipos a exame.

2ª Rexional

Bo partido o vivido onte no campo do Souto, moita intensidade e ganas por parte dos dous equipos, ao final 2-2, resultado que non serve a ningún dos dous equipos, xa que nós quedámosnos en terra de ninguén e loitando como máximo polo cuarto posto. Sobre o partido fómosnos ao descanso gañando 2-1 e fallamos moitas ocasións de gol ao final o Crespos conseguiu empatar o partido.

Cadete

Vitoria importante para seguir liderando o grupo, acudiamos con varias baixas pero os nosos dérono todo e finalmente venciamos por 3-0.

Infantil

Gran vitoria por 0-3 no campo do Ourense B, tres puntos importantísimos debido á igualdade do grupo, se antoxa decisivo o seguinte partido contra o Ponte B.

Alevín

Xogabamos o xoves, un día atípico debido á presenza do Barbadas na fase previa da Arosa Cup, o equipo cumprira o seu obxectivo de meterse no Campionato Galego. Bo partido dos nosos e vitoria por 4-7.

Benxamín

Difícil visita ao campo do Ponche, bo partido marcado pola calor e as dimensións do campo, os nosos dérono todo pero non foi suficiente para vencer a un equipo correoso e cun gran trato do balón.