Os partidos dos nosos equipos a exame.

2ª Rexional

Última oportunidade. Se queremos ter algunha opción de ascender temos que gañar mañá sábado a partir das 17 horas ante o Toen. Quedan 21 puntos en xogo e os rivais son alcanzables, pero aínda que vaiamos partido a partido o de mañá debemos sumar tres puntos para pensar no seguinte.

Xuvenil

Co descenso de categoría consumado só queda seguir traballando para conseguir un equipo que nos retome a esta categoría a tempada que vén. Mañá visítanos o Allariz que se está xogando o descenso polo que non será nada fácil.

Cadete

Logo de dous partidos gañados de dous xogados nesta Copa recentemente iniciada os nosos cadetes intentarán conseguir o pleno de vitorias no final da primeira volta. Ao ser unha competición tan corta non hai marxe de erro, polo que esperamos que sigan o refacho ante o Maceda, equipo que leva unha vitoria e que se xoga o seu futuro na competición.

Infantil

Os infantís comezan a Copa ante o subcampión de Liga: Pabellón Promesas. Partido moi complicado que será máis difícil se cabe se se confirman as baixas dalgún dos seus xogadores. O equipo de todas as maneiras está afeito dar todo e non pode haber mellor momento que este para comprobalo. O domingo ás 11,30 a cita no Souto.

Alevín

Os alevíns poden certificar a súa clasificación ao Campionato galego se gañan ao Antela o domingo no Xestal ás 11 horas, o que sería todo un éxito o deste equipo que ten que competir coa maioría de equipos que teñen a totalidade de xogadores de segundo ano, mentres os nosos é unha mestura de primeiro e segundo. Ánimo e a gañar

Benxamín

Segundo partido de Copa Deputación ante o Pabellón B un equipo moi parello ao noso polo que poderían dar un bo espectáculo se os nosos logran adaptarse ao terreo de xogo, tanto polas dimensións como pola superficie.

Iniciación

A mellora dos nosos e digna de ter en conta, aínda que non sabemos se suficiente para gañar. O partido hoxe pola tarde.