Os partidos dos nosos equipos a exame.

2ª Autonómica

Logo da oportunidade perdida de achegarse aos postos de ascenso, xogamos outro partido que debemos sumar os tres puntos para estar á espreita e aproveitar os posibles erros dos de arriba. O seu rival, o Lodairo parece baixar os brazos definitivamente, pero non nos podemos fiar. O sábado ás 5 da tarde comprobarémolo.

Xuvenís

Despois do errado intento de remontada volvemos á senda das derrotas pero seguimos cunha boa predisposición dos nosos o que indica o carácter que está tendo o equipo nestes momentos tan difíciles. Esperemos que poidan lograr un bo resultado para que os ánimos non se resintan.

Cadetes.

Comezamos a xornada pasada a Copa con bo pé. O rival do domingo, o Velle, xa nolo puxo moi difícil na Liga. Non nos podemos relaxar xa que nunha competición tan curta podémolo lamentar.

Infantís

Último partido de liga. Os nosos intentarán terminar a competición cunha vitoria que lles de ánimos para os obxectivos que se marquen a partir de mañá.

Alevíns.
O xoves deron un gran paso para conseguir un posto para a Liga Galega ao gañar ao Allariz por 10-1. O sábado teñen que gañar a un rival directo, o C.D.Ourense, para dar o salto definitivo. Un gran partido.

Benxamíns

Comeza a Copa e tócanos un rival moi duro. Non importa. Os nosos deben intentar facer un bo papel e seguir aprendendo