![]() |
![]() |
|
A vitoria na 2ª autonómica e a derrota en alevín métenos na pelexa 2 Rexional
Vitoria ante o terceiro clasificado por 2-1, comezamos perdendo pero esta vez o equipo foi capaz de remontar con goles de Hugo e Chori, esta vitoria, unida á derrota do Cea déixanos a sete puntos do ascenso, se o equipo quixese aínda hai posibilidades, pero deles depende. Xuvenil Derrota por 3-2 na visita ao VerÍn, con este resultado o equipo queda nunha posición moi difícil, esperemos que sigan competindo coas mesmas ganas e déannos máis alegrías. Cadete Relaxación total e festa, o Santa Teresita venceu ao partido da celebración do ascenso, de todos os xeitos esta derrota non empaña a gran tempada deste equipo e o logro do ascenso a primeira. Agora afrontaremos a copa con ilusión. Infantil Nova vitoria ante un rival que esta loitando por meterse nos postos de promoción de ascenso, o equipo unha vez clasificado probo cousas novas pero segue ao seu que é gañar. Alevín Moitas baixas neste equipo que acudiu a Monforte con nove xogadores, derrota nun partido que en caso de vitoria deixaba moi encarrilada a clasificación ao galego, pero a derrota fai que siga a loita e únanse máis equipos. Benxamín Derrota sen paliativos ante o campión da categoría, pasounos por encima, o equipo de Landi acaba a liga na quinta posición. Iniciación Derrota en Maristas por 7-0, ao descanso perdiamos 1-0, pero no segundo tempo pasáronnos por encima, continua a aprendizaxe.
|
||||||||||||||