![]() |
![]() |
|
Os partidos dos nosos equipos a exame. 2ª Autonómica
Novo partido entre dous equipos da zona alta da táboa que se están afastando da posibilidade do ascenso. O que lles pasa aos nosos é cada vez máis preocupante. Ano tras ano mantéñense na zona media-alta da táboa pero sen dar o salto definitivo para, ao menos, loitar para conseguir o ascenso. A falta de ambición dos nosos detéctase rapidamente nos adestramentos: tres persoas, incluído o adestrador. Así non se pode. O rival deste domingo o Barbantes. Xuvenís Enfróntanse o sábado ao Verín coa intención de continuar sumando puntos. O rival está a pelexar por saír dos postos de descenso e para eles vai ser un partido vital. Os nosos de sumar os tres puntos achegaríanse moito e cos partidos que quedan e a dinámica de equipo que ten nestes momentos, todo é posible. Cadetes A celebrar o ascenso. O sábado xogan ante a Santa Teresita o último partido de liga sen nada en xogo. A súa única misión divertirse e celebrar ao grande o ascenso. Merécenllo. Polo si ou polo non tentaremos gañar por se o Antela falla e tamén conseguimos o Campionato Infantís Tamén o sábado os infantís xogan o seu partido ante o Celanova, equipo que necesita a vitoria para acceder aos postos de promoción de ascenso á liga galega. Os nosos seguirán ao seu, tentar a vitoria co mellor fútbol posible. Seguramente os nosos fagan probas preparando novos retos. Alevíns Saída moi complicada a terras de Lemos a que teñen este sábado os nosos alevíns. O Calasancio é un equipo que se fai forte no seu campo e que nolo porán moi difícil. Dada a igualdade existente nesta categoría, sumar os tres puntos en xogo faríanos dar un paso moi importante de face a conseguir o obxectivo de xogar o Campionato galego Benxamíns Derradeira xornada da liga regular para os nosos benxamíns ante o campión imbatido do Torneo, co que aínda nos queda xogar o partido aprazado. Os nosos tentarán divertirse sen encaixar moitos goles. Pase o que pase podemos considerar que a tempada realizada foi moi boa, sobre todo polo fútbol ofrecido. Iniciación O sábado os máis pequenos gozan dunha nova aventura contra os Maristas. A semana pasada conseguiron a súa primeira vitoria e xa se sabe unha vez que o probas queres repetir. A divertirse.
|
||||||||||||||