Os partidos dos nosos equipos a exame.

2ª Autonómica

O domingo xogamos contra outro equipo que está arriba e aínda que as opcións de ascenso son cada vez máis complicadas, debemos gañar para seguir tendo algunha opción. O noso rival, o Barra de Miño, xa empatou no noso campo e intentará seguir moi preto dos de arriba esperando un tropezo que lles levante aos postos de ascenso.

Xuvenís

Logo de dúas vitorias consecutivas que lles sacou do último posto intentarán seguir a súa progresión. Mantendo a loita e ese carácter gañador implantado por Santi, podemos seguir sumando puntos. O Maceda non o porá fácil, aínda que foi perdendo fol e non periga a súa situación quererá aproveitar a súa visita para manter as distancias cos postos de abaixo, sobre todo tendo en conta os posibles arrastres.

Cadetes

Os cadetes poden certificar o ascenso de categoría. Un empate bástalles para conseguilo aínda que os "túzaros" de Sumi non se conformarán e intentarán gañar para intentar alzarse co campionato.

Infantís

Visítanos o líder da categoría, o Pabellón, non só en puntos senón no xogo exhibido. Os nosos intentarán facerse cos tres puntos e manter a imbatibilidade no noso campo. Alevíns Están ante un enfrontamento que deben gañar. Os puntos en xogo son imprescindibles para manter as nosas opcións. Non se pode escapar ningún punto.

Benxamíns

Os pequenos enfróntanse en Salesianos ao Ourense coa intención de sacar os tres puntos. Levamos varias xornadas sen gañar e os nosos necesitan unha vitoria para manter a moral alta, aínda que o importante segue sendo a aprendizaxe.