Os partidos importantes foron favorables, a excepción dos sénior

Derrota do equipo sénior no campo do líder por 1-0, o que fai que o equipo quede en zona de ninguén na clasificación.

Os xuvenís gañaban o primeiro partido da tempada contra o Francelos, esperemos que esta vitoria nos de moral e o equipo acabe a tempada da mellor forma posible.

Os cadetes empataban no difícil campo do Antela, bo resultado que fai que a falta de tres xornadas dependamos de nós para ascender.

Os infantís gañaban con comodidade ao Calasancio en San Cristovo, coa fase de ascenso no peto debemos de intentar quedar o máis arriba posible.

Os alevíns gañaban a un rival directo polo Campionato Galego, unido aos resultados da xornada colocan aos nosos en boa situación.

Os benxamíns caían co Calasancio en casa por un contundente resultado, as baixas fixeron madeixa no equipo de Landi.

Iniciacion seguen ao seu que é aprender a competir e gozar, perdían 0-8 con Carmeitas.