![]() |
![]() |
|
Os partidos dos nosos equipos a exame. Xornada moi importante sobre todo para alevíns, infantís e cadetes. Ímonos achegando ao final e cada vez custa máis sacar os tres puntos. Comezan os cadetes visitando o sábado ás 11 ao Antela. Se este partido acaba en vitoria dariamos un paso de xigante para conseguir o obxectivo do ascenso. Será moi complicado, xa que o Antela ten un dos mellores equipos da categoría e tambén é un firme candidato ao ascenso. Os infantís teñen ante se a oportunidade de conseguir os tres puntos e acariñar a fase de ascenso a liga galega, claro obxectivo marcado polos nosos rapaces; ás 11,30 en San Cristovo. Á mesma hora xoga o equipo de iniciación. Logo de varias semanas interrompidas polo temporal e adiamentos varios, os máis pequenos volven disputar un partido de competición que servirá para medir forzas e valorar o traballo realizado. Pola tarde, 16:15 horas partido de rivalidade entre dous equipos vindos a menos na 1ª xuvenil. O que puidese ser un partido de tensión xogándose a permanencia pasamos a un encontro onde só se xogan a honra de gañar. Pouco non, moi pouco, en xogo. Os benxamíns disputan o partido ás 16:30 ante o Calasancio, equipo que xunto o Pabellón son os máis fortes da categoría. Moi complicado sumar os tres puntos, pero se xoga no Xestal de terra e iso adoita motivar aos nosos. O domingo dous partidos importantes. Ás 10:15 os alevíns necesitan a vitoria para seguir dependendo só deles. Será un partido moi igualado xa que os dous equipos necesitan os tres puntos. O gol-average tamén pode ser importante ao estar todos os equipos, a estas alturas, tan cerca uns doutros. Para a tarde nos que os sénior que disputan o seu partido en Barbadás ante o líder da categoría, o Valenzá. Co noso equipo todo é posible, así que esperemos que dean a de cal e poidan subir posicións na táboa clasificatoria.
|
||||||||||||||