Os cadetes salvaron a nefasta xornada

O equipo sénior cedía un empate nos últimos minutos ante o Palmes, un partido dominado e que nun erro defensivo acaba en empate.

Os xuvenís seguen coa súa melloría e empataban co Velle, un partido marcado polas numerosas ocasións de gol falladas polos nosos, ese é o camiño aínda que a permanencia cada día esta mais difícil.

Os cadetes vencían o seu partido aprazado co Oira, o que fai que se sitúen lideres para afrontar as últimas xornadas con enfrontamentos directos con todos os aspirantes ao ascenso.

Os infantís tiñan unha difícil saída a Verin, acompañada polo cansazo dos xogadores debido ao campionato provincial de campo a través disputado o sábado en Monterrey, ao final derrota que non empaña a gran tempada que están facendo.

Os benxamíns caían derrotados claramente contra o Pabellón B, o campo, a hora e o rival foron demasiados obstáculos para os de Landi.