![]() |
![]() |
|
Os partidos dos nosos equipos a exame. Logo da xornada de reflexión que tivemos a semana pasada este fin de semana preséntase con partidos moi importantes que poden indicar o camiño de cumprimento dos obxectivos. Para o sábado está previstos tres partidos: Os cadetes madrugarán, ás 9 horas dará comezo o partido, para xogar un dos partidos aprazados ante o Oira, xogándonos un dos dous postos que dan dereito ao ascenso de categoría, obxectivo polo que seguen pelexando os nosos mozos. Os xuvenís xóganlla. É o momento de ver plasmada a melloría no xogo, nos resultados e intentar a "hombrada" de eludir o descenso.Agora ou nunca. A xornada do sábado termina co duelo entre o Pabellón B e o Ribeiro ás 19,30 horas. As luces do Pavillón dos Remedios serán testemuñas dun partido entre dous equipos moi parellos que, seguramente, fágannos gozar. O domingo disputaranse os dous partidos que nos quedan, xa que os de Iniciación aprazaron o seu encontro e os alevíns descansan. Os infantís poden lograr de forma matemática unha das catro prazas que dan dereito a xogar a fase de ascenso á Liga Galega. Todo un premio ao traballo realizado nestes anos, aínda que logo o ascenso non se consiga. Para logralo necesitan gañar ao Verín, equipo que a última xornada disputada goleou ao CD Ourense e que se mostra moi forte en casa. O partido ás 10,30 horas. Para a tarde quédanos o encontro que deben disputar na 2ª Autonómica os nosos co Palmés. Este equipo atópase por baixo dos nosos na táboa clasificatoria, polo que deberiamos gañar. No caso desta categoría faise máis evidente o exposto ao principio, xa que o resultado daranos ou quitará argumentos para pensar en metas maiores: o ascenso. Non podemos fallar e seguro que os nosos mozos non nos decepcionarán.
|
||||||||||||||