![]() |
![]() |
|
Onte presentaron á prensa o proxecto do Campo de herba artificial. A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou hoxe o proxecto básico de reforma do campo de fútbol do Xestal, en Ribadavia, que terá un orzamento aproximado de 1.300.000 euros. Ao acto de presentación do proxecto asistiu o alcalde do Concello de Ribadavia, Marcos Blanco, o tenente de alcalde e concelleiro de deporte, Anxo Collarte; o delegado provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Antonio Blanco e a arquitecta responsable do proxecto, Patricia Sabín. A obra consistirá na sustitución do céspede natural por artificial, así como a construción dun peche perimetral, a modificación dos espazos cubertos, vestiarios, almacéns, gradas e a iluminación do campo. O proxecto sufrirá algunha modificación, xa que o equipo redactor está en contacto co Concello para incorporar algunha suxestión. Por este mesmo motivo, o orzamento que se baralla neste momento, de algo máis de 1.300.000 euros, tamén pode ter algún cambio. Desde o noso club solicitamos algunhas modificacións ao proxecto inicial que, desde o noso punto de vista, mellorará substancialmente o proxecto presentado. Entre as modificacións solicitadas está o cambio de localización da cafetería e os vestiarios
Imaxes da presentación do proyecto |
||||||||||||||