Claros e nubes no horizonte

O equipo senior sofre unha inesperada derrota contra o Melón, penúltimo na táboa, o que fai que rompa o refacho de oito xornadas sen perder. O equipo tivo que xogar o seu partido no campo de terra do Xestal debido ao mal estado do campo do Souto, esperemos que polo menos a derrota sírvalle a un veciño para saír dos postos baixos da clasificación, xa que o Melón é un equipo que aposta pola mocidade e o bo trato do balón.

Os xuvenís caían novamente por 2-5, nova derrota, melloría pero non suficiente para conseguir a primeira vitoria e xa vai facendo falta.

Os cadetes visitaban ao pechacancelas coa lección apresa do ultimo partido. Vitoria e moral para afrontar os seguintes partidos, agora xogaremos os dous aprazados primeiro Oira e logo Antela, quedan seis partidos para conseguir o ascenso, de nós depende.

Os infantís xogaron en Quins debido tamén ao mal estado do campo do Souto. O susto da primeira volta ante o Santa Teresita fixo que os nosos saísen mentalizados e sen confianzas. Agradecer á directiva e colaboradores do Quines a súa dispoñibilidade para poder utilizar as súas instalacións e aos nosos colaboradores os petiscos, que agradeceron os nenos.

Os alevíns seguen en caída libre, xogamos ante un bo equipo pero a forma de perder non é dun equipo que quere estar entre os catro primeiros, algo debemos de mellorar.

Os benxamins empataron un partido que ían gañando por 4-2, e fallando numerosas ocasións de gol. Gran traballo de Landi e Miguel que fan que os rapaces acaben o partido exhaustos do esforzo.

Os pequeniños desprazáronse Celanova para seguir aprendendo nova derrota por 5-2 pero bonita experiencia.