4 vitorias e 2 derrotas.

O equipo senior logo de tres empates seguidos conseguía unha traballada vitoria no campo do ultimo clasificado, o que permite mirar o futuro con mais optimismo e romper a serie negativa.

Os xuvenís volvían perder, esta vez co Antela terceiro clasificado, ao que xogaron do teu ao teu pero unhas decisións arbitrais bastante polémicas marcaron o resultado final, seguen na boa liña pero non dan arrincado cun resultado positivo.

Os cadetes perdían na súa visita a Barbadas ante un bo equipo co trato do balón, os nosos non se adaptaron á superficie do terreo, que por certo é a envexa de toda a provincia, un tropezo que debe servir para non confiarse.

Os infantís seguen sorprendéndonos, coa súa avultada vitoria en Monforte e están segundos na clasificación, o traballo deste equipo é o exemplo a seguir, recordar que son un equipo recentemente ascendido.

Os alevíns vencían 0-3 en Verín, o que lles leva ao cuarto posto, un partido duro como todos os desta categoría, no que os nosos soubéronse traer os tres puntos para casa.

Os benjamines seguen ao seu, xa que só seis xogadores son de segundo ano, e venceron por 5-3 ao Pavillón B, gran traballo o de Landi e Miguel con este equipo, nunca se rende e dano todo.