Os partidos dos nosos equipos a exame.

Xornada completa xa que ningún dos equipos descansa, algo que ultimamente non pasaba.

O sábado xogan case todos os equipos. Teremos que madrugar para ver aos cadetes xogando un partido vital ante o Barbadás B, unha vitoria poríanos nunha situación moi boa.

Os alevíns viaxan a Verín co propósito de sacar os tres puntos que lles achegue aos postos de arriba.

Os infantís teñen tamén unha viaxe longa ata terras de Monforte, o seu partido comeza ás catro da tarde e unha vitoria a domicilio poríalles na segunda posición da táboa clasificatoria.

Os xuvenís xóganse unha nova final, esta vez ante o Antela, as opcións acábanse e empézase a gañar ou mal imos.

Para o domingo xogan os benjamines un partido difícil ante o Pavillón B, pero os nosos son capaces de gañar a calquera.

Os máis maiores xogan un derby comarcal ante o Lodairo, un equipo que aínda non gañaron ningún partido, pero os nosos non están finos, así que todo pode pasar.

Todos os horarios podedes velos en Xornada