![]() |
![]() |
|
Xornada típica dos nosos equipos. Máis do mesmo. O segunda Rexional conseguía outro empate no campo do Loureiro, o terceiro consecutivo, o que fai que non nos despeguemos da arte baixa, xa que coa liga de tres puntos sumar dun nun non é moito. Os xuvenís seguen coa súa melloría, pero non suficiente para gañar, perdían por 3-2 cun rival directo o Celanova o que fai que se nos vaian a 8 puntos na clasificación, esperemos que pronto cheguen as vitorias. Os cadetes saíron confiados por xogar co pechacancelas e nun mal partido vencían por 4-2 a un Maceda que demostrou a súa progresión e que non merece a posición que ocupa na táboa, a nota positiva é que o equipo segue sumando os seus partidos por vitorias. Os infantís tiñan un partido complicado logo da xornada de descanso, de novo gañaron a un correúdo Verín que gusto en San Cristóbal polo trato do balón e o seu xogo, pero non foi suficiente. Os alevíns vencían por 4-3 nun emocionante partido a un rival directo polas prazas do campionato galego, o Pabellon Promesas, partido de forza e choque que dominamos no marcador 3-0 e chegamos a estar 3-2, ao final a vitoria cayo do noso lado. |
||||||||||||||