Os partidos dos nosos equipos a exame.

Esta semana abren a xornada os alevíns no seu enfrontamento co Pabellón Promesas o sábado ás 12 no Xestal. Partido moi complicado no que nola xogamos ante un equipo que loitará ata o final, como os nosos, para meterse no galego, sobre todo logo de gañar fai dúas semanas a domicilio á Ponte Ourense.

Á tarde xogan os cadetes, xuvenís e afeccionados.

Os cadetes teñen como rival ao Maceda que conta todos os seus partidos con derrotas. Non nos podemos fiar, xa que nestes partidos é onde se perden as opcións de ascenso.

Á mesma hora(as 16,00) os xuvenís afrontan o partido co Celanova como un partido a vida ou morte (deportivamente falando, claro). Non hai marxe para a derrota polo que a melloría demostrada nos dous últimos partidos debemos reflectila neste e conseguir os tres puntos ante un rival directo.

Un pouco máis tarde (16,15), o Ribeiro da 2ª Autonómica visita o campo do Loureiro logo de acceder ao cambio na orde dos partidos. O partido ten que ser o trampolín que necesitamos para acceder á parte cómoda da clasificación pois unha derrota deixaríanos nunha situación moi delicada.

Para o domingo só nos queda o partido dos infantís (11,30). Os nosos reciben ao Verín co hándicap de descansar a semana pasada, o que non debe ser pretexto para sacar os tres puntos que nos poñan na órbita da consecución doutros obxectivos. Polo tanto partido clave para saber onde pode chegar este equipo.

Aos benxamíns esta xornada tócalles descansar.

Todos os horarios podedes velos en Xornada