![]() |
![]() |
|
Os nosos seguen progresando O Segunda Rexional empataba no campo dun dos favoritos ao ascenso, realizando un gran segundo tempo. De novo case no tempo de desconto traémonos un punto para casa, por certo que instalacións posúe o Barbantes. Os xuvenís tiñan que disputar o seu partido en San Cristóbal, pero debido ás choivas tivéronse que trasladar ao Xestal de terra, gran partido dos nosos pero ao final só púidose quedar un punto en casa, de todos os xeitos gran cambio na actitude dos xogadores e se seguen así poderán saír da complicada situación. Os cadetes conseguían unha gran vitoria no sempre difícil campo dos Remedios, este equipo se segue con esta actitude dará moito que falar este ano. Os benjamines acudían ao campo do todo poderoso Ponte, favorito xunto ao Pabellón a conseguir o titulo de liga, os nosos nun partido moi serio caían por 2-1, un resultado moi bo, destacar que a páxina Web do Ponte destaca a actitude positiva do noso adestrador Landi cara aos nosos nenos, isto sempre é un orgullo. A seguir adestrando para mellorar os resultados, animo a todos sobre todo aos xuvenís para seguir crecendo como xogadores.
|
||||||||||||||