Partido disputado no Pavillón Municipal do Consello o sábado entre o Ribeiro F.C. e o Pabellón Promesas.

O encontro comezou mal para os nosos que saíron á pista moi fríos, o cal foi aproveitado polo equipo visitante para adiantarse con dous goles case seguidos no marcador.

Os nosos non encaixaron ben estes goles e custoulles moito coller o ritmo de partido. De todas as maneiras os nosos rapazes controlaron boa parte do encontro mentres os rivais estaban moi ben situados no campo e aproveitaban as contras para crear moito perigo.

O noso adestrador Nando intentou mover ficha con cambio de sistema e xogadores pero non tivo efecto real sobre o xogo.

O próximo partido xogaremos ante o Ourense en Ribadavia onde intentaremos dar o espectáculo ao que nos teñen afeitos os nosos nenos.

RIBEIRO FC: DIEGO, SERGIO, PABLO, DOMINICK, YOEL, SAMUEL, AROON, IKER, MARKEL, ANGEL, IVAN, HUGO.

MARCOU O GOL IKER.

PABELLON: ANXO, IAGO, DIEGO, MARCO, PABLO, ALEX, AARON, CARLOS,MARTIN, ADRIAN, SERGIO, AARON.

MARCARON PABLO, MARCO (2) e ADRIAN.