O pasado martes dia 8 á tarde disputouse dentro das instalacións de ExpoOurense e dentro do programa Megaxove o certame dedicado os mais pequenos da casa, un torneo Prebenxamín de fútbol sala nun campo de reducidas medidas no que participaron Mestre Vide, Ponte B, Ponte A, Ribeiro B e Ribeiro A.

O torneo foi unha liguiña entre todos contra todos, no que primou a deportividade e na que todos os rapaces disputaron os mais minutos posibles.

Viuse unha gran diferenza entre os equipos A e os outros xa que eran na súa maioría prebenxamíns de 7 anos.

O Ribeiro A veuse reforzado en estes encontros por Mario, Mateo e Miguel aínda que sendo da mesma idade que os outros veñen xogando no Benxamín B.

O Ribeiro B eran na súa totalidade rapaces de 5 anos que nunca disputaran un partido na súa vida e víronse moi perdidos na disputa dos mesmos. Estaban reforzados por Hugo, Yoel, Gabriel e Markel que o fixeron moi ben. É de agradecer o gran esforzo feito polos mesmos, equilibrando un pouco os partidos.

Houbo unha gran influencia de xente vendo os partidos, o cabo dos mesmos tódolos rapaces foron agasallados por unha medalla cada un.

foto sacada de www.ponteourense.org que ten videos moi interesantes dos partidos xogados aquí