![]() |
![]() |
|
En partido disputado no pavillón municipal de Ribadavia entre os equipos RIBEIRO FC. CARMELITAS de categoría Prebenxamín acabou cun resultado final de 0-5 a favor do equipo visitante moi superior ao equipo local. Ante o intento da directiva do RIBEIRO FC de darlle aos seus xogadores as mellores instalacións podemos estar satisfeitos polo logro de conseguir que os nosos xogadores de futbol sala xoguen no Pavillón do Consello xa que hai moita diferenza co escolar de Maquiáns: é máis grande, tanto para os xogadores como para o público. O partido desenvolver con moitos siadeiros na bancada que gozaron ao grande polo gran espectáculo dado por ambos dous conxuntos, aínda que os locais víronse sorprendidos xa ao principio con dous goles seguidos do equipo visitante, acabando a primeira parte cun 0-3. O Ribeiro F.C. nesta ocasión viuse prexudicado pola forza do equipo visitante xa que son na súa maioría xogadores pertencentes ao Ponte que xogan na 2ª división benxamín de fútbol 7. RIBEIRO FC.- DIEGO, SERGIO, PABLO, GABRIEL, ANGEL, IVAN, IKER, MARKEL, AARON, JOEL, HUGO, SAMUEL. CARMELITAS.- ALVARO, ANXO, RODRIGO, ADRIAN, HUGO, ALVARO II, ANGEL, ALEXANDRE, TOMAS, DIEGO, AARON. Goles: 2 ALVARO, 2 HUGO Y 1 TOMAS.
|
|||||||||||||||